Este é un taller de cerámica artesanal, feita na súa maioría na roda. As miñas pezas están cocidas a 1250ºC. Uso principalmente barros galegos, pois ademáis de ser de excelente calidade, aguantan moi ben as altas temperaturas e ademáis déixanse traballar moi ben na roda. 

Nos vidrados uso na medida do posible materiais locais, como o granito en pó, obtido nunha canteira próxima, e as cinsas, que ademáis da cuestión económica (son de valde, aínda que dan moito traballo a hora de preparalos) dan excelentes resultados para os vidrados de tipo oriental, como os celadóns ou chüns, xa que conteñen pequenas porcentaxes de óxido ferrico e outras "impurezas" enemigas da brancura, que  se poden usar ao teu favor.