A continuación describo algúns dos esmaltes que uso con máis frecuencia. 

 

Chün

Os vidrados tipo chün orixináronse durante a Dinastía Sung (960-1279 dC) na provincia de Honan., China. Esta cor azul pálida, non deriva de ningún pigmento ou óxido metalico, senón dunhas minúsculas burbullas que refractan a luz ao azul. Son esmaltes ricos en sílice e algo baixos de alúmina e precisan de pentóxido de fósforo, P2O5, en pequenas cantidades <3%, que se introduce no esmalte a través de cinsas de madeira que conteñan este elmento, como por exemplo as de carballo, ou de cinsas de osos (fosfato tricálcico). Tamén é preciso cocer en atmosfera reductora.

Celadón

Estes tamén son vidrados de orixe chinesa, cunha cor que vai dende o verde oliva ao verde azulado, pasando por gris verdoso. Son de alta temperatura e obteñense en atmosfera reductora. É preciso que conteñan entre un 1% e un 3% de óxido ferrico Fe2O3., que durante a cocción en atmosfera reductora se transforma en FeO, e lle da esa cor característica. Eu aproveito o feito de que o granito xa ten pequenas cantidades de óxido de ferro para obter xa este tipo de esmaltes.